Sunday 08 de September de 2024

Accidente de tráfico con persoas excarceradas na AC-550, no Concello de Porto do Son


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro, recibiron unha chamada ás 03:19 horas desta madrugada alertando dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-550, entre os puntos quilométricos 92 e 93, á altura de Baroña, no Concello de Porto do Son.

A incidencia foi ocasionada por un vehículo que saíu da vía no traxecto que conecta os núcleos de Queiruga e Baroña. O operativo consistiu inicialmente na estabilización do turismo e na extracción da persoa atrapada do seu interior, a cal tivo que ser trasladada en ambulancia.

Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, o 061, os bombeiros de Ribeira e o GES de Noia.